Saltar al contenido principalSaltar al pie de página
LX FESTA DO MARISCO

A historia tras a Festa que fala do “Paraíso do Marisco”

Sesenta anos “dan para moito” cando se trata da Festa Gastronómica máis importante do sur de Galicia » Así foi o seu camiño a través do tempo

Unha festa con sesenta anos de historia.

Unha festa con sesenta anos de historia. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
O Grove

Dende 1963, cada outubro en O Grove a gastronomía vólvese protagonista da cultura e da vida social. O que comezou con un grupo de amigos quese reuniron a probar o marisco “na súa mellor época de sabor” convertiuse nunha cita multitudinaria, declarada Festa de Interese Turístico Nacional, e que honra os pilares básicos da economía desta vila mariñeira:_turismo e pesca.

O obxectivo inicial nos seus primeiros pasos era exaltar o produto do mar, ata o punto que, tras as seis décadas celebrándose, O Grove conseguiu o sobrenome de Paraíso do Marisco.

Un programa que medra, dende os 60 ata os 2000

Durante os anos 70, a Festa estaba acompañada dun “Festival de la Canción del Marisco”, que emulaba os, por aquel entón, festivais de San Remo e Benidorm.

Tras eses experimentos chegan os anos 80, e a Festa comeza a “profesionalizarse”, de forma que o número de días adicados á celebración aumenta, sentando un precedente para as seguintes edicións e abrindo camiño a actividades máis diversas: bailes e músicas tradicionais, eventos culturais e educativos arredor do mundo da pesca e do marisco, que xa debuxaqn un evento máis parecido ao que colecemos hoxe.

Sen perder, iso si, a súa esencia: os irremplazables stands de marisco a prezo popular, pratos cheos de mexilón de batea e rodaballo, polbo e empanadas, ostras e meixas. E por suposto, os grandes reis do mar, como anécora e o camarón, as cigalas e as vieiras ou os famosos percebes. Todo directo do mar de Arousa.

Así, nesta década, fai 43 anos, comeza a celebrarse o Concurso de Mexilón, agora anual, que ten lugar na Lonxa de Contratación. Este é probablemente o produto protagonista da Ría, e polo tanto nion podería perder o seu sitio especial durante as Festas.

A Gran Queimada da Noite Meiga.

A Gran Queimada da Noite Meiga. / Cedida

Outro clásico que aterrizaba no programa cultural é o Simposium Internacional de Escultura al Aire Libre. Este conta con obras de escultores de distintos países, con tema libre pero sempre con Galicia como punto de partida.

E para rematar a oferta cultural que xa é marca da Festa está a animación musical e de bailes típicos galegos durante as xornadas que dura a cita, tamén acompañados, dende edicións máis modernas, de xogos (infantís, para adultos) certámenes e torneos (de pintura ou xadrez) e deportes (regatas, motos...)

Cursos, seminarios e conferencias de carácter científico‐e empresarial, coma o Foro de Recursos Mariños e de Acuicultura das Rías Galegas son outros dos puntos fortes. Reúnen a profesionais de diferentes sectores pero cun punto en común:o mar.

Todos estes puntos, desenvolvidos ao longo dos seus sesenta anos de historia, converten á Festa do Marisco do Grove nun dos mellores escaparates culinarios das Rías Baixas e da comunidade galega en xeral. Non só para os locais, senón chegando a reunir, co seu amplo programa, a máis de 200 mil visitantes en cada edición.

Tracking Pixel Contents