Marchando paella para 1.800
Cortegada celebra esta fin de semana a 21 edición da súa festa gastronómica » O prazo para a retirada de invitacións remata hoxe» Agárdase a chegada de 1.800 comensais

Marchando paella para 1.800. / BERNABE/JAVIER LALIN
O campo da festa de Cortegada, en Silleda, acolle este sábado a XXI edición da Festa da Paella, un evento consolidado no calendario estival de Trasdeza que, ano tras ano, congrega a preto de dous milleiros de comensais para degustar o tradicional prato. Como cada ano, os organizadores confían en completar o aforo, marcado en 1.800 persoas dende a pandemia. O prezo do menú mentense nos 13 euros por comensal, e inclúe o menú completo e sitio reservado, con mesa e cadeira, na carpa do campo da festa. O prazo para a retirada de invitacións remata hoxe, 27 de xullo, e pode facerse nos seguintes establementos: en Silleda, no Bodegón “Os Toneles” , Bodegón “Esther”, AgroServicios Alberto e Panaderia Mella de Cortegada. Tamén será posible facerse con elas en Lalín, na Carniceria Varela e na Parrillada KM 0.
O evento terá lugar este sábado, 29 de xullo, a partir das 22.00 horas, e a velada estará amenizada pola orquestra Tango e o grupo Unión y Fuerza.
En paralelo coa cita gastronómica, cabe recordar que a parroquia de Cortegada celebra esta fin de semana as festas patronais na honra de Santa María. Así, o domingo haberá misa cantada polo Coro de Cortegada, a partir das 13.00 horas, e sesión vermú a cargo de As Ferreñas de Cortegada. pola tarde, arredor das 17.00 horas, a cativada poderá disfrutar dunha gran festa infantil con inchables a cargo de Tikolandia.

Asistentes á Festa da Paella nunha edición anterior do certame gastronómico. / BERNABE/ANA AGRA
Triángulo gastronómico
A Festa da Paella é a primeira das tres grandes citas gastronómicas que se celebran en Trasdeza despois da do Lacón -que tivo lugar na antesala das festas de verán de Silleda-. Sen tempo para facer a dixestión, a vindeira semana será a quenda da multitudinaria Tortilla de Laro, como manda a tradición, o primeiro venres do mes de agosto. Pola súa banda, a mediados de mes, en concreto o día 19, terá lugar a Festa da Empanada da Bandeira.
- Marruecos recupera el abastecimiento de almeja fina y se aprovecha de la crisis del sector marisquero gallego
- Raúl Pérez rescata de la ría de Arousa un albariño con más de 15 años de crianza bajo el mar
- Un motorista herido tras chocar contra un furgón de limpieza en Vigo
- Muere un hombre en un atropello en Cambados
- Povisa, 53 años después: del hospital de los médicos vigueses a la incertidumbre de Vivalto
- «Nuevo Zumaya», otro que marcha a Namibia: Galicia pierde cuatro veces la capacidad de la flota de Gran Sol con los éxodos a África
- El nuevo «Silicon Valley» gallego se estrena en Vigo
- EE UU aborda y destruye el atunero ecuatoriano «Montecristi» por su supuesta vinculación con el narcotráfico