O reencontro da terceira idade de Portas

O xantar coincidiu coa festividade do Pilar

Asistentes ao xantar de onte no pavillón de Portas.   | // FDV

Asistentes ao xantar de onte no pavillón de Portas. | // FDV / R. P.

R. P.

O Concello de Portas celebrou onte o “XXIX Xantar da Terceira Idade” no pavillón municipal de deportes. A Banda de Música de Lantaño foi a encargada de abrir o evento antes da misa de campaña oficiada polo cura párroco, quen ensalzou a celebración do Día da Virxe do Pilar, patroa da Garda Civil, e tamén se referiu ao Día da Hispanidade.

Posteriormente, a Banda de Música ofreceu un concerto antes da comida de confraternidade e reecontro veciñal despois das restriccións do COVID, e na que se deron cita residentes en todas e cada unha das catro parroquias que compoñen o municipio.

A sobremesa completouse cunha gran queimada e a animación musical a cargo de Antonio Barros, cantante que triunfa no programa “Luar” da Televisión de Galicia

Esta xuntanza contou coa presenza do alcalde de Portas, Ricardo Martínez, o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria da Xunta, Antón Acevedo, e os rexedores de Moraña, José Cela, e Meis, Marta Giráldez.