- Multimedia
- Clasificados
- Servicios

Escola en Camiño é un proxecto de Faro de Vigo en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia dirixido aos centros educativos de Galicia para divulgar entre as xeracións máis novas a dimensión cultural, social, económica y humanística do Camiño de Santiago.
A educación é o alicerce do futuro. Un futuro no que non se debe perder a identidade propia nin os valores máis universais. E non hai nada máis universal que derrubar muros nin máis identitario que o Camiño de Santiago.
A segunda andaina de Escola en Camiño irá dende outubro do 2022 ata febreiro do 2023. Os centros interesados en formar parte do proxecto poden consultar as bases e inscribirse aquí.
Os centros poden inscribirse en Escola en Camiño dende o 25 de outubro do 2022 a través deste formulario online ou descargando a ficha de inscrición e enviala a través do correo electrónico escolaencamino@farodevigo.es.
A partir do 16 de novembro poderán comezar a enviar os traballos. A data límite será o 24 de febreiro de 2023. A partir do 16 de novembro e con periodicidade semanal publicarase unha páxina no xornal coas mellores aportacións dese período.
Entregaranse nunha gala a finais de marzo de 2023. Elaborarase tamén o xornal “Escola en Camiño” cos mellores traballos, un exemplar que se distribuirá tanto nos centros educativos participantes como encartado con Faro de Vigo.