Música

Ventos do Val celebra o seu Concerto de Primavera

A coral polifónica mosense actuará o domingo 12 de maio

Ventos do Val nunha das súas actuacións.   | // D.P.

Ventos do Val nunha das súas actuacións. | // D.P. / d.p.

d.p.

A coral polifónica mosense Ventos do Val actuará o domingo 12 de maio ás 19 horas, no Multiusos das Pozas en Petelos. N este evento musical colaborarán a Coral Polifónica Fogar de Breogán de Lira, e a Banda de Acordeóns Metropolitana da Escola de Música de Torroso, Mos.

A coral polifónica Ventos do Val interpretará un repertorio variado de cancións populares galegas, habaneras, xotas ,boleros ou zarzuelas.

A entrada ao concerto será de balde ata completar aforo.

Os obxectivos e ilusións para o futuro desta agrupación musical mosense son mellorar o repertorio, e facer intercambios con agrupacións corais e musicais, que enriquezan cultural e musicalmente a ambas partes.