Comunidade

Cumpre dous anos a horta urbana da Ramallosa

O Concello de Nigrán conta con dúas, nas que 40 veciños cultivan colaborativamente

Horta urbana da Ramallosa.   | // D.P.

Horta urbana da Ramallosa. | // D.P. / d. p.

d. p.

O Concello de Nigrán celebra o segundo aniversario da súa horta urbana comunitaria situada na da Ramallosa, e nas vindeiras semanas tamén o do parque Vazquez Grela, no centro de Nigrán. Ambas son municipais e funcionan baixo a coordinación da cooperativa local SomosTerra. Actualmente preto de 40 persoas das contornas máis urbanas do municipio cultivan e colleitan os seus propios alimentos (quedan prazas dispoñibles para veciñanza que se queira sumar).

“Queremos promover o autocultivo en contornas onde dificilmente a veciñanza dispón de terreo e, a través disto, fomentar hábitos saudables e potenciar a sensibilidade ambiental, a socialización e o espíritu colaborativo”,explica o alcalde, Juan González.

“Son puntos de encontro no que, ademais, aprenden sobre restauración e recuperación de solos, cultivo ecolóxico, asociacións de cultivos, compostaxe e sostibilidade...”, explican Raquell Gómez e Diana Muñoz desde Somos Terra.

O sistema implica que todos os usuarios realizan os traballos conxuntamente polo ben común, distribuíndose a posteriori a colleita de xeito equitativo.

“A zona verde da Praza Carlos Casares da Ramallosa, que non se empregaba para nada, transformouse nun punto de encontro onde florecen os mellores valores. Esta mesma filosofía aplicouse ao parque Vázquez Grela de Nigrán”, explica o alcalde.