Conciliación

O Rosal organiza un campamento de verán

Aberta a inscrición ata o 31 de maio

D. P.

O Concello do Rosal abriu o pasado martes o prazo de inscrición no campamento de verán municipal para cativada matriculada durante o curso 2023/2024 en educación infantil ou educación primaria que estea empadroa no Rosal ou que o seu pai, nai ou titor traballe ou posúa un negocio no municipio.

O campamento desenvolverase na Escola de Marzán durante as mañás dos meses de xullo e agosto e contará cun total de 40 prazas. Como novidade, o campamento municipal contará este ano coa posibilidade de inscribirse por quincenas.

As persoas interesadas en reservar praza poderán presentar a súa solicitude ata o 31 de maio.