Educación

Unha alumna de 1º da ESO leva Nigrán ao Congreso

Cayetana Guede, do IES Val Miñor, actuou de voceira xunto outros sete menores de toda España

As e os 7 voceiras de “Infancia en el Congreso”.   | // D.P.

As e os 7 voceiras de “Infancia en el Congreso”. | // D.P. / d.p.

d.p.

O Concello de Nigrán estivo presente no acto “Infancia en el Congreso”; grazas a Cayetana Guede, alumna de 1º da ESO do IES Val Miñor e integrante do Consello Escolar Municipal. A maiores, desde este mes Guede forma parte do grupo Asesor de Participación Unicef-España tras ser aceptadas a súa candidatura e a de Martín Rey Álvarez, tamén alumno do IES Val Miñor (este grupo de traballo está composto por 57 nenos e nenas de toda España, sendo 4 deles galegos).

Cayetana intervíu no Congreso xunto a outras 7 nenas e nenos de todo o país que actuaron como voceiras neste acto organizado cada ano pola “Plataforma Infancia”; á que pertence Unicef e que xirou en torno ao dereito á participación infantil.

O Concello de Nigrán traballa con Unicef para que neste 2024 sexa distinguido co selo CAI (Cidade Amida da Infancia). De feito, o goberno local mantén moi activo o Consello de Participación Infantil e Xuvenil, órgano municipal creado no ano 2021 e que se reúne cada 15 días para, precisamente, situar na axenda local os verdadeiros intereses e necesidades de cativos e adolescentes, xa que a través del poden participar na vida política de Nigrán realizando propostas, seguindo as mesmas, pedindo información, moitas outras cousas.

O programa CAI foi creado por Unicef Comité Español en 2001 co propósito de promover a aplicación da Convención dos Dereitos do Neno (CDN) en pobos e cidades da xeografía nacional, forma parte á súa vez da Iniciativa Cidades Amigas da Infancia, liderada por Unicef Internacional desde o ano 2000 e no que colaboran gobernos nacionais, administracións locais, ONG… En Galicia hai 10 municipios que xa o teñen (en Pontevedra son Redondela, Porriño e Tomiño).