Teatro

Búscase xente nova para investigar creando

O proxecto Foro Novo do Baixo Miño precisa persoas de 18 a 25 anos

Sesión de teatro foro.   | // D.P.

Sesión de teatro foro. | // D.P. / d. p.

d. p.

O proxecto Foro Novo do Baixo Miño busca compartir busca compartir as inquedanzas da mocidade de toda a comarca usando o teatro foro e o teatro en espazos non convencionais. Baixo e eixo vertebrador da pregunta ‘Que necesitamos as persoas mozas para imaxinar un plan de vida nas nosas vilas?’, a iniciativa busca rapaces e rapazas de 18 a 25 anos para este novo proxecto de investigación teatral.

Este proxecto está coordinado pola asociación FOCO e conta coa colaboración dos concellos de Tomiño, o Rosal, A Guarda, Oia e Tui, e coa Xunta de Galicia a través do Espazo Xove de Tui. Está cofinanciado pola Unión Europea e polo tanto todas as activades son de balde.

As persoas interesadas poden inscribirse neste proxecto a través desta ligazón ata o 31 de maio: https://forms.gle/oTYnCbFEjADQjFjTA