Sociedade

Valença conmemora a Revolución dos cravos

O municipio raiano celebrou o 50 aniversario do fito cunha sesión solemne

d.p.

O Concello de Valença levou a cabo unha sesión solemne de conmemoración dos 50 anos do 25 de abril.

Nesta sesión foron homenaxeados os 12 presidentes electos da Asemblea Municipal, da historia democrática do concello. Este foi un xesto simbólico que pretende recoñecer, na persoa dos Presidentes das Asembleas, a todos os cidadáns e cidadás valencianos que ao longo destes 50 anos deron corpo e voz ás institucións democráticas do concello, en especial a Asemblea Municipal.

Antes de comezar a sesión solemne levouse a cabo un acto de izado de bandeiras, nos Paços do Concello, ao son do Himno de Portugal e da Grândola Vila Morena a cargo da Asociación Musical de São Pedro da Torre.

Na praza da República inaugurouse a exposición “O Cravo que Resiste”, unha mostra de carteis comemorativos da Revolución dos Cravos, da Asociación 25 de Abril.

Inaugurouse, tamén na praza e integrada na exposición, a escultura “O Cravo que Resiste” , unha escultura metálica do artista António Nunes.

A solta de pombas da Liberdade levouse a cabo na praza da República a cargo da Unión Columbófila Valenciana.

Os actos comemorativos oficiais remataron coa actuación da Asociación Musical de São Pedro da Torre, na praza da República, interpretando músicas alusivas de época.