Tomiño
Fai un match coa túa lingua, gaña un concurso das Letras Galegas
O deseño da camiseta do 17 de maio é autoría de Nuria Rodríguez
![N. Rodríguez e o seu deseño | // FDV](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/e02953e3-a85f-457c-aa73-aed2a2062859_16-9-aspect-ratio_default_0.jpg)
N. Rodríguez e o seu deseño | // FDV / D. P.
D. P.
Moderno, actual e conectado á mocidade. Estes son os conceptos que inspiraron a Nuria Rodríguez Pérez, gañadora do concurso de deseño de camisetas do Día das Letras Galegas 2024 convocado pola OMIX de Tomiño co que cada ano se ofrece un lenzo en branco para conmemorar con enxeño e creatividade a cultura e a lingua galega, fomentando o seu uso en todos os eidos. Nesta edición, 77 persoas presentaron as súas propostas.
![Fai un match coa túa lingua, gaña un concurso das Letras Galegas](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/6217d0c0-57dd-4111-801d-1f82cbb2c9e6_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
Fai un match coa túa lingua, gaña un concurso das Letras Galegas / D. P.
Mestra de pedagoxía terapéutica nun centro educativo da contorna, Nuria Rodríguez animouse a participar no concurso “convencida que é unha iniciativa moi boa para celebrar e conmemorar o Día das Letras Galegas”. Baixo o lema ‘Fai un match coa túa lingua’, para crear a súa proposta parouse a pensar “no meu día a día como mestra e na importancia que ten achegar o galego ás novas formas de comunicación que ten a mocidade. Neste ámbito, sen dúbida, as redes sociais ocupan un papel esencial”.
Partindo desa base, a autora fixo unha fusión moi interesante “empregando aspectos relacionados coas aplicacións das redes sociais e das citas, como é o caso do corazón coa palabra match para resaltar que algo nos gusta ou nos atrae”. Unha imaxe actual, que se achega ás novas formas de linguaxe, coa que Rodríguez pretende “asemellar que todos podemos facer un match perfecto coa nosa lingua”. “Buscaba ironizar que todos podemos ter unha cita ideal co galego tendo ese poder nas palmas das nosas mans”, subliñou.
A súa creación será plasmada nas 800 camisetas que se repartiron de balde entre as persoas participantes nas actividades que o Concello programo para conmemorar o Día das Letras Galegas.
Tratouse dun concurso moi competitivo pola alta participación (77) e calidade das propostas. O segundo posto foi para o deseño de Álvaro Portela, coa frase ‘Mírame, mírate, mírame en ti e escílleme para soñarte’ inspirado en Luísa Villalta, autora á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Empatados en terceira posición quedaron os deseños de Cristina Brey, coa frase ‘Michiño din que os galegos falamos cantando’, e o de Andrés Álvarez co lema ‘Reconquistemos os terreiros’.
- Máxima alerta de la Policía Nacional por el mensaje que está llegando a los móviles de miles de personas
- Una belleza de armas tomar
- Un nutricionista desvela qué es lo primero que le quita a los pacientes que quieren adelgazar
- Uno de los dos tripulantes gallegos desaparecidos sobrevivió al secuestro del atunero Alakrana del 2009
- El abandono no entiende de razas ni de dinero: mascotas que valen miles de euros llegan a A Madroa
- Condenan a dos años y medio de prisión al maquinista del Alvia y al exdirector de Seguridad de ADIF por el accidente de Angrois
- La familia del vigués que murió tras el concierto de Karol G anuncia denuncia: 'No hubo forcejeo ni pelea
- Mujer de más de 45 y sola busca ayuda