Cultura

Salvaterra acollerá unha exposición de Constante González

Estará dispoñible durante este mes y Tamén haberá un día de portas abertas polo Día Internacional dos museos

Constante González no seu taller.   | // D.P.

Constante González no seu taller. | // D.P. / d.p.

d.p.

Constante González é un artesán da madeira que traballa co torno creando pezas de ebanistería únicas e moi laboriosas.

Constante é naceu en San Roque, na parroquia de Cabreira en Salvaterra de Miño, e dende a infancia manifestou sempre unha tendencia marcada cara á actividades artísticas.

Moi novo aprendeu o oficio da carpintaría grazas ao seu pai, e dedicouse durante toda a súa vida profesional a traballar como carpinteiro, a tempo completo.

Unha vez xubilado no ano 2008, Constante decidiu aproveitar esta nova etapa da súa vida, xa co tempo necesario para adicar á súa vocación artística, e comezou a desenvolver o seu don e a súa paixón , elaborando e traballando a madeira dun xeito espectacular, para o que se sirve dunha técnica, a do torno, que non é demasiado común e resulta moi chamativa.

As pezas que crea este artista salvaterrense son dunha beleza incríble, e agora chegan ao Museo da Ciencia do Viño do Condado en Salvaterra de Miño co fin de que todo o mundo poida contemplar ovalor do traballo deste salvaterrense, que é unha mostra clara do capital humano do municipio.

Constante conta, no seu taller con máis de duascentas pezas únicas. das que só unha pequena mostra será exposta no Museo da Ciencia do Viño, que estará dispoñible para as persoas que desexen visitala durante o mes de maio no horario de funcionamento habitual do Museo: de mércores a domingo e festivos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas.

Día dos Museos

Ademais, o sábado 18 de maio todas aquelas persoas que queiran visitar o Museo da Ciencia do Viño, en Salvaterra de Miño, poderán facelo de forma gratuítacunha sinxela inscrición previa.

O vindeiro sábado 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos e con motivo de tal celebración o Concello de Salvaterra de Miño organiza unha xornada de portas abertas para descubrir o Museo da Ciencia do Viño ubicado no recinto amurallado da vila.

De xeito gratuíto, e por grupos, os e as visitantes descubrirán este espazo de características única en España, un espazo de divulgación da viticultura e enoloxía altamente interactivo, didáctico e idóneo para o desfrute de toda a familia.

O horario de visita será de 11:00 A 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas, e para inscribirse é preciso pórse en contacto co museo ben por correo museocienciavino@concellodesalvaterra.org ou ben nos teléfonos 617 148 866 e 629 770 177. As prazas son limitadas.