Tradición

O rancho tradicional da A.C. A Feira de Salceda internacionalízase

Participou por primeira vez nas “Tardes etnográficas” da vila de Monção

Un momento da actuación da A.C. A Feira.   | // D.P.

Un momento da actuación da A.C. A Feira. | // D.P. / d.p.

d.p.

As “Tardes Etnográficas” regresaron un ano máis ao veciño municipio de Monção. Por primeira vez, estas xornadas contaron cun grupo galego, o rancho Tradicional da Feira de Salceda de Caselas, que levou a cabo nestas “Tardes etnográficas” a súa primeira actuación internacional.

A cámara de Monção leva a cabo estas xornadas para pçón en valos ás agrupacións folclóricas do concello, co seu repertorio, traxes e versatilidade, que son un dos exemplos máis salientables da identidade cultural e etnográfica de calquera pobo, revelándose, encima e fóra do escenario, como unha manifestación da vivencia comunitaria e dos hábitos ancestrais.

Decidiron convidar este ano a Salceda de Caselas para poder mostrar a calidade e diversidade da etnografía da súa rexión ao tempo que reciben a danza e musicalidade da outra beira do río Miño.

As tardes etnográficas rematan mañá coas actuacións, a partir das 15:30 horas, da Asociación Cultural Recreativa e Deportiva de San Mamede de Troviscoso, a Asociación “Os Moleirinhos do Gadanha”, e o Rancho Folclórico das Lavradeiras de S. Pedro de Merufe.