Ornitoloxía

Máis de 20 especies identificadas nas rutas da lingua das aves

O Concello tivo que organizar dúas saídas pola alta demanda

A lingua das aves.   | // D.P.

A lingua das aves. | // D.P. / d.p.

d.p.

A nova edición do obradoiro “A lingua das aves” tivo unha grande acollida. Nesta ruta pola Senda de Pescadores dendeo parque do Tamuxe ata a área recreativa das Aceñas na que as persoas participantes puideron descubrir os cantos das aves da man de Lorena Franco, de Biophilia, e de Manu Sobrino, de ElNaturalista Cojo.

“A resposta da veciñanza foi enorme, enchendo moi rápido as prazas e incluso tendo que ampliar nunha xornada máis a ruta ante a alta demanda. Un interese que amosa o profundo interese que rosaleiras e rosaleiros teñen pola natureza e a nosa contorna natural”, salienta a concelleira de Medio Ambiente, Beatriz Rodríguez.

Durante estes encontros, as persoas participantes aprenderon a identificar ás máis de 20 especies que se atoparon ao longo dun percorrido dun quilómetro totalmente accesible, descubrindo que aves viven na contorna e aprendendo poñendo o oído como e por que chían.

Tras estas rutas guiadas, elaborouse unha listaxe con todas as especies de aves identificadas na actividade para que a xente participante poida consultada despois na casa e continuar coa súa aprendizaxe sobre a fauna da contorna. A concelleira amosa a súa satisfacción pola grande acollida da actividade, “unha iniciativa que agardamos que fomente o amor pola natureza, inspire a rosaleiros e rosaleiras para protexer a biodiversidade local e promova un estilo de vida saudable e sostible no noso concello”.