Educación

Gondomar recibe a 25 mozas e mozos alemáns de intercambio

O estudantado do IES Auga da Laxe visitará Nagold en xuño

O estudantado participante no intercambio visitou o Concello.   | // D.P.

O estudantado participante no intercambio visitou o Concello. | // D.P. / d.p.

d.p.

O Concello de Gondomar recibiu a visita de 25 mozas e mozos, acompañados e acompañadas por unha das súas profesoras, chegadas da localidade de Nagold, en alemaña.

Os e as estudantes pasaron unha semana de intercambio en Gondomar con parte do alumnado de primeiro de bacharelato do IES Auga da Laxe, que dentro de dous meses viaxará a Nagold para realizar alí a súa parte do intercambio.

Entre outras moitas actividades, durante a súa estancia no Val Miñor, o estudantado alemán e os seus anfitrións e anfitrioas galegas fixeron unha xincana por Gondomar para coñecer os lugares mais significativos da vila, ou unha visita a Santiago de Compostela na que visitaron a catedral e coñeceron de primeira man os segredos da súa construción camiñando polos seus tellados.

Na sua visita á casa do Concello foron recibidos e recibidaspolo alcalde Paco Ferreira que lles entregou bolas de tea e camisetas como agasallos para recordar a sua estancia en Gondomar.