Infancia

A Escola de Verán cumpre 15 anos

Baiona celebra os 15 anos da súa Escola de Verán aumentando a súa duración

d.p.

A concellería de Igualdade do Concello de Baiona abre o prazo para solicitar praza para participar na Escola de Verán 2024.

Este ano cúmprense 15 anos da posta en marcha deste programa e o Concello, dando resposta ás demandas das familias, amplía a duración da escola iniciándose a partir do día seguinte en que finaliza o curso escolar.

Desenvolverase desde o luns 24 de xuño ata o 31 de xullo no CPI Cova Terreña e CEP Sabaris en horario de 8:00 a 15:00, salvo festivos. Haberá flexibilidade no horario de entrada (de 8:00 a 9:00h.) e no horario de saída (de 14:00 a 15:00h) sempre que se sinale na solicitude. Ofértanse 120 prazas. A Escola de Verán está dirixida a nenos e nenas nacidos entre o ano 2012 e 2020.

Ten como obxectivo xeral “facilitar ás familias do municipio un recurso para conciliar a vida laboral, persoal e familiar, establecendo un servizo sociocomunitario que mellore a calidade de vida do territorio, potenciando ademais a optimización de recursos a través da utilización dos centros educativos municipais fose do horario lectivo”.

As persoas interesadas deberán presentar a solicitude de inscrición debidamente cumprimentada e asinada, xunto coa documentación requirida dacordo co artigo 8 da convocatoria, ata venres 10 de maio, no rexistro xeral do Concello de Baiona de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00h, ou a través da sede electrónica do Concello de Baiona.

Para máis información poden contactar no 986 357 554 / 986 357 552 ou solicitar a documentación a través de correo electrónico na dirección administrativo.cim@baiona.gal