Medio ambiente
Continúa a restauración do río Couso
Hoxe retómanse as actividades de restauración ambiental mediante a retirada de residuos e a extracción de especies invasoras
d.p.
Verdegaia e o Concello de Porriño retoman hoxe os traballos realizado o ano pasado encamiñados a recuperar o estado natural do treito final do río Couso, tamén coñecido como Fonteliño, mesmo ao carón do paseo do Louro no Porriño.
Ao longo de tres xornadas, hoxe 4 de maio, 1 de xuño e 15 de xuño, recollerase o lixo acumulado, eliminaranse algunhas especies invasoras e acompañarase o crecemento das arboriñas que plantaron durante o pasado inverno.
Esta actividade procura tamén, ademais do impacto directo sobre o medio, visibilizar as intervencións de restauración de espazos naturais, que moitas veces se realizan en zonas afastadas e non se observan por parte do público.
Para conseguir isto, programan a actividade nunha zona que moitas persoas de toda a comarca utilizan para pasear e facer deporte, co obxectivo de demostrar como a recuperación de espazos naturais moitas veces é posible contando simplemento co traballo voluntario e comunitario dos propios veciños.
Programación
A actividade constará de tres xornadas, todas elas en horario de 11 a 13 horas, hoxe, o 1 de xuño e o 15 de xuño.
Nos días de limpeza, despois dunha breve charla explicando os obxectivos da actividade, repartiranse luvas e ferramentas entre as persoas participantes para proceder á retirada do lixo e das especies invasoras que impiden o crecemento das especies autóctonas.
A inscrición é gratuíta e pode formalizarse a través do email omix@oporrino.org ou chamando ao 691 657 039.
O punto de encontro será como sempre na rúa Leandro Diz, número 5 (ao lado do paso inferior da liña do tren).
- O Festival de Cans avanza os concertos da súa XXI edición
- Unha alumna de 1º da ESO leva Nigrán ao Congreso
- Brais Méndez e a ONG IGAXES únense para loitar contra o odio
- Gondomar, Baiona e Nigrán celebran a Festa da Bicicleta
- A parentalidade positiva estúdase a fondo no IES Val do Tea
- 200 ciclistas correrán a VIII “Challenge Rías Baixas”
- A élite nacional do tenis de mesa brilla en Mos
- A cativada nigranesa aprende orientación