Educación

Baiona participa no III Encontro de Igualdade

A xornada tivo lugar no Museo Verbum de Vigo

III Encontro de Igualdade da provincia de Pontevedra.   | // D.P.

III Encontro de Igualdade da provincia de Pontevedra. | // D.P. / d.p.

d.p.

Os Comandos Cova de Cova Terreña e Rochas Violetas do IES Primeiro de Marzo participaron no Encontro de Comandos de Igualdade da provincia de Pontevedra, que este ano celebrou a súa terceira edición no Museo Verbum. A xornada estivo moderada por Chis Oliveira e Priscila Retamozo, e contou coa actuación musical de Su Garrido Pombo. As asistentes tamén puideron elaborar un mural colectivo entre todas e todos, asistir a distintas charlas e obradoiros formativos e participar en actividades creativas como o modelado con barro, a realización de chapas ou a introdución á papiroflexia.

A concelleira de Igualdade do Concello de Baiona, Sheila González Martíns, presente no acto, deu a benvida a todos os comandos participantes. Na súa intervención destacou “a importancia destas iniciativas nas que a mocidade, a nosa xeración futura, está fortemente implicada e involucrada na loita pola igualdade e prevención da violencia de xénero”.

Neste espazo de intercambio, Naiala e María de Rochas Violetas presentaron o evento, onde se abordaron experiencias e problemáticas relacionadas coa igualdade que enfrontan os mozos e mozas nos seus centros educativos.

Ademais, cada comando participante compartiu brevemente as accións que están a levar a cabo nos seus respectivos centros inspirando a todos e todas co seu compromiso e dedicación.