Lingua de signos española no Porriño
D.P.
A aula de O Porriño da UNED Pontevedra organiza, no segundo andar do multicentro de Torneiros, un curso de Lingua de signos española (LSE), de Nivel I, aberta a todas as persoas interesadas en coñecer e aprender este idioma.
A LSE, recoñecida legalmente dende 2007, é falada por máis de 100.000 persoas no estado español, das cales arredor dun 20% téñena como segunda lingua.
O curso, de 30 horas lectivas, que se poderá facer presencialmente ou a distancia, e que computa como 1,5 créditos ECTS para os e as estudantes universitarias, terá un prezo de 60 euros, e 30 euros para afiliados e afiliadas da SUP.
As aulas serán os luns e xoves de 18:00 a 21:00, comezarán o 4 de abril e estenderanse ata o 6 de maio. As persoas interesadas poden consultar o programa e inscribirse no seguinte enderezo: https://extension.uned.es/actividad/idactividad/32215.
- O Festival de Cans avanza os concertos da súa XXI edición
- Arbo prepara unha LXIV Festa da Lamprea para toda a familia
- “O amor debe liberarse da racionalidade para ser auténtico”
- As festas de San Telmo resisten ao temporal cun éxito rotundo
- A élite nacional do tenis de mesa brilla en Mos
- A cativada nigranesa aprende orientación
- As Músicas no Miño volven do 12 ao 15 de setembro
- A Fundación Denis Suárez preséntase por todo o alto