Gastronomía

Arbo prepara unha LXIV Festa da Lamprea para toda a familia

Ademais de degustar lamprea e viño arbense, o Concello ten programadas actividades dentro da carpa

Pescadores de lamprea cos exemplares ás costas.  |

Pescadores de lamprea cos exemplares ás costas. | / D.P.

D.P.

Falar de Arbo é falar de lamprea e viño. A relevancia destes dous produtos é tan grande para a identidade arbense que forman parte do escudo e da bandeira do municipio. E é que a fama de Arbo no relativo ao consumo de lamprea acada cotas internacionais, non só pola calidade do produto, senón tamén polas artes tradicionais de pesca empregadas para capturar a estes animais, empregando a as redes e as tradicionais pesqueiras.

Cociñeira traballando na Arbomostra en 2022.   | // ANXO GUTIÉRREZ

Cociñeira traballando na Arbomostra en 2022. | // ANXO GUTIÉRREZ / D.P.

Do mesmo xeito, a programación desta festa destaca ano tras ano, e para a celebración dasta LXIV Festa da lamprea, que terá lugar os días 26, 27 e 28 de abril, o concello de Arbo ten preparado un programa para todos os públicos, cargado de gastronomía e enoloxía, pero tamén de diversión.

Música

Charangas, grupos folclóricos, bandas, cantautores, solistas e orquestas marcan cada ano a programación musical desta festa, que ao longo dos seus 63 anos de vida ten acollido propostas e actuacións de primeiro nivel, conformando unha ampla e variada programación cultural para todos os públicos durante os días da festa.

Olimpus, París de Noia, Miramar, Assia, Charleston e Capitol serán as orquestas encargadas de amenizar a verbena deste ano.

Entre os grupos folclóricos, destacan nesta edición os grupos locais como a Asociación Cultural Barca de Loimil, que dende a primeira hora da mañá do domingo percorrerán as rúas e amenizarán cada recuncho da festa.

Súmase a eles a actuación da Banda de Música de Arbo, que naceu no ano 1890 e que foi nomeada coa distinción de Arbense Distinguido no ano 2019 pola importante labor desenvolvida no eido da cultura.

Formará tamén parte da festa o Grupo Mel de Meiga, que animarán as xornadas interpretando o seu repertorio de temas populares galegos co seu estilo propio.

Turismo e hostelaría

A Festa da Lamprea é unha fórmula de éxito para propulsar o turismo e o interese sobre Arbo, o seu patrimonio, a súa cultura e as súas tradicións. Na fórmula adoptada para a celebración desta festa ten moita presenza a poboación local, xa que son unha parte moi activa da celebración, principalmente os bares e restaurantes, que nestes días aumentan considerablemente o número de comensais. “Agúns deles mesmo participan ofrecendo lamprea en Arbomostra”, informa o alcalde Horacio Gil.