Gastronomía

Arbo rende homenaxe aos arbenses

Os irmáns Puga serán os veciños do Concello distinguidos y O pregón corre a cargo de Fernando Jáuregui

Arbenses distinguidos deste ano.   | // D.P

Arbenses distinguidos deste ano. | // D.P / D.P.

D.P.

Mañá, domingo 21 de abril ás 18:00 horas, o Auditorio do Centro Multiusos de Arbo, acollerá a Gala da LXIV Festa da Lamprea.

No citado acto farase Entrega dos premios ao alumnado do CEIP Antonio Carpintero gañadores/as do concurso de debuxo e redacción da LXIV Festa da Lamprea, do Certame Brais Alonso e do Concurso de Carteis da LXIV Festa da Lamprea.

Farase un repaso e recoñecemento aos deportistas arbenses que destacaron no ano 2023 e 2024 entre os que se atopan As patinadoras (María, Carmen, Iria, Candela, Daniela, Eliana e Marta), o equipo de biberóns do Arbo C.F, ao nfutbolista Manu Castro, ao Equipo de Veteranos de Fútbol de Arbo e ao Equipo de Futbol Sala Muebles 2000 F.S.

Nesta Gala tamén outorgamos o galardón de Arbense Distinguido, máxima distinción que outorga o Concello de Arbo, e que neste 2024 recaiu nos Irmáns Puga Justo, Alfonso ( da Capitana), Xesús (Pequerricho) e Xosé (Xosé da Casanova) por ser continuadores da música dos Vellos Gaiteiros, ser unha referencia musical da Vila de Arbo, formar parte da historia da Festa da Lamprea por ter amenizado ao son das súas gaitas os actos festivos dende a súa Primeira Edición, por continuar, transmitir e conservar unha variada tradición popular, incluídos os compases da “Danza da Nosa Señora do Libramento” e a A.C Barca de Loimil fío de unión entre os vellos gaiteiros, os Irmáns Puga coas novas xeración de Gaiteiros. Por ser xunto cos Vellos Gaiteiros e os Irmáns Puga un referente cultural creador e acolledor e seguir transmitindo e mantendo as tradicións arbenses e por ser un símbolo social e cultural do que é un pobo raiano.

Dentro do progama de actos esta a actuación de Antonio Barros, con Cantigas Populares Galegas.

O pregón

Anunciouse tamén recentemente que o pregón deste ano, que será o 27 de abril ás 13:00 desde o balcón da Casa do Concello, foi encargado a Fernando Jáuregui.

Jáuregui naceu hai 74 anos en Santander, estudou Dereito e Xornalismo en Madrid. É un recoñecido xornalista, escritor e amigo de Arbo. Comezou a súa carreira xornalística en Europa Press. Foi correspondente de Presa en Lisboa durante a revolución dos cravos, en 1974, e de axencia Efe nas Nacións Unidas en 1978. Foi correspondente político en Diario 16, correspondente político e diplomático no País, redactor xefe do Xornal de Cataluña, subdirector en Xa e colaborador do Correo Español, de ABC e, desde 1998 ata o momento, mantén unha columna diaria, que se publica en diversos xornais galegos e do resto de España, distribuída por Off the Record, de Europa Press.

Na actualidade preside un Foro independente, “Xornalismo 2030”, no que colaboraron ou colaboran máis de trescentos profesionais da comunicación.

Publicou, só ou en colaboración, corenta libros sobre a actualidade política, sobre xornalismo e sobre historia inmediata.