EMPREGO

Valentina Gómez atopa a súa vocación no rural

A avogada de 26 ano descubre a vocación no seu traballo no Concello de Covelo

Valentina Gómez Bernal no seu posto de traballo.   | // D.P.

Valentina Gómez Bernal no seu posto de traballo. | // D.P. / D.P.

D.P.

O SEPE (Servizo Público de Emprego Estatal) levou a Valentina Gómez Bernal a Covelo.

Estaba inscrita como demandante de emprego e non o dubidou cando lle propuxeron prestar os seus servizos no Concello como apoio no departamento xurídico e administrativo.

Esta moza graduada en Dereito pola Universidade de Vigo descubriu o rural galego da man do Concello de Covelo onde traballa a diario. Pero en Covelo non só tomou contacto coa aldea galega tamén atopou unha vocación, a de servir para a administración local. “Nunca antes mo plantexara, rematei a carreira e pensaba en dedicarme á avogacía. Mentres non atopaba preparaba oposicións para Facenda pero o traballo no Concello de Covelo abríume outras vías laborais que me gustan máis e xa me puxen a preparar as oposicións para a administración local”, explica Valentina Gómez.

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, salienta a importancia destes programas de inserción laboral que promoven o primeiro emprego xa que ao ser traballadoras cualificadas complementan o traballo diario do persoal municipal. “É un proceso enriquecedor para todas e todos. Por un lado o persoal municipal amósalles a práctica, o día a día a resolución de tarefas, como intervir en casos excepcionais... Por outro lado as persoas que se incorporan enriquecen con contidos actualizados, novas tecnoloxías e recursos dixitais. E tamén a veciñanza en xeral recibe esta mellora no servizo público”.