Saúde

Curso de balde de AFAGA en Salvaterra

Dirixido a coidadores de persoas con demencia

D.P.

Os venres 8, 15 e 22 e marzo AFAGA, a Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia, vai impartir na Casa do Conde do Concello de Salvaterra de Miño un curso para coidadores de persoas cunha demencia neurodexenerativa.

Esta formación será impartida por unha psicóloga sanitaria especializada na temática, e ten como obxectivo formar e axudar a persoas en contornas rurais que se atopen nesta situación.

A formación será en horario de 16.30 a 19.15, é gratuíta e a inscrición pode realizarse a través do correo formacion@afaga.com ou no 986 229 797 ou 610 437 895.

O envellecemento é o principal factor para a aparición dunha demencia e as proxeccións demográficas de Galicia prevén un aumento das persoas maiores de 65 anos do 23’15% actual ao 41% en 2050. Por iso, o proxecto achega a familiares coidadores de persoas maiores con demencia, residentes no rural, formación e información sobre o alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, así como dos servizos e recursos segundo a localidade onde se intervén para mellorar a súa calidade de vida.