Baiona

Reciclar dende a escola

O Concello pon en marcha unha campaña de educación ambiental

Escolares nunha das actividades de concienciación ambiental.   | // FDV

Escolares nunha das actividades de concienciación ambiental. | // FDV / l. c.

l. c.

O Concello de Baiona está a levar a cabo nos diferentes colexios do municipio charlas para promover a concienciación ambiental e dar a coñecer o funcionamento do punto limpo. O obxectivo é implicar aos máis pequenos da casa na correcta separación do residuos. Así, explícaselles a estratexia das tres erres: reducir, reutilizar e reciclar e convídaselles a que a poñan en práctica cos maiores do seu fogar.

Por outra banda, achégase aos estudantes conceptos como a compostaxe ou os puntos limpos, como modelo dunha correcta xestión de residuos municipais, que irán cobrando máis importancia no futuro.

“O obxectivo desta iniciativa é a promoción da educación ambiental. Concienciar aos nenos e nenas do municipio, e grazas a eles ás familias, da importancia de separar os residuos correctamente e de como se debe usar o punto limpo municipal”, explicaron as concelleiras de Medio Ambiente e de Educación, Ruth Álvarez e Nuria Leyenda, respectivamente, que acudiron a un dos centros educativos para participar nesta iniciativa xunto aos escolares

Esta campaña de educación ambiental lévase a cabo no CEIP Fontes-Baíña, no CEIP de Belesar, no CEP Sabarís e no CPI de Cova Terreña.