Cultura

O pioneiro do cinema galego recala en Salvaterra

Mañá Cinemóbil, biografía de José Gil e concerto

O Cinemóbil 3 de José Gil   | // FDV

O Cinemóbil 3 de José Gil | // FDV / V.P.

V.P.

O salón da Casa Cultura de Salvaterra de Miño acolleu onte as obras de José Gil, un pioneiro do cinema galego, a través do Cinemóbil 3, os alumnos e alumnas dos centros educativos de Salvaterra poden coñecer a súa figura.

Mañá estará instalado o Cinemóbil 3 na Praza do Concello se non chove, e en caso de choiva trasladarase á Casa da Cultura. Desde as 10.00 horas poderá visitarse por parte da veciñanza e o público en xeral. Tamén terá lugar a presentación da biografía de José Gil “Nos días encantados de agosto” de Manolo González, da editorial Galaxia, e que recibiu o premio Antón Losada Diéguez de Investigación e Ensaio 2023.

A continuación, de 13.00 a 14.00 horas, sesión vermú coa actuación da Banda de Música de Salvaterra. En caso de chuvia trasladarase a actividade ao centro cultural.

Este é un proxeco da Deputación de Pontevedra que desenvolve xunto a Vía Láctea Films, Cine na Rúa e a Editorial Galaxia para poñer en valor a figura de José Gil (1870-1937), pioneiro do cinema galego, e que chega neste 2023 a trinta concellos da provincia.

José Gil foi fotógrafo, director, operador de cámara, realizador, produtor e exhibidor de cinema nun tempo no que o cinema nacía en todo o mundo.

O proxecto multidisciplinar “José Gil. Pontevedra, provincia de cine. Na orixe do cinem” aglutina presentacións, exposicións, proxeccións e concertos.

A principios do século XX Sanxenxo só era unha pequena vila mariñeira de paso obrigatorio para chegar ao Grove ou ao Balneario da Toxa, un itinerario habitual de José Gil. De feito, na vila tomou imaxes da praia de Silgar que forman parte de varios dos seus filmes, como Pontevedra y sus paisajes (1924) e Pontevedra (1934).

É probable que os filmes de José Gil foran proxectados no salón cinematográfico da Terraza de Sanxenxo ou no Salón Cine de Vilalonga.