Porriño

Convocado o VII Certame de textos teatrais Vidal Bolaño

Os traballos poden presentarse ata o 31 de xaneiro de 2024

l. c.

O Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia convocan o VII Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño co fin de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados polo alumnado de ensinanza secundaria.

Tal e como estipulan as bases poderán concorrer a este premio todas as persoas que o desexen, con textos inéditos e non premiados noutros certames, que estean escritos en lingua galega. A temática das obras e a súa extensión é libre.

Haberá unha única obra gañadora, que se dará a coñecer en maio na semana das Letras Galegas, e o premio será de 2.000 euros e a edición e publicación da obra a cargo da editorial Galaxia.

O prazo de presentación de orixinais xa está aberto e remata o 31 de xaneiro de 2024.