Monólogos

“Un ano de humor” en Nigrán

Pepo Suevos actuará o 21 e 23 e Cristina Maró e Sergio Pazos o 28

l. c.

O Concello de Nigrán abriu onte, no auditorio municipal o seu ciclo ‘Un ano de humor’ cos monólogos de Oswaldo Digón e Jazmín Abuín.

Os seguintes en acudir serán Pepo Suevos, os días 21 e 23 de abril, e Sergio Pazos e Cristina Maró, o 28 de abril. Todos serán de balde ata completar a capacidade da sala.