MOS

Escolares aprenden “mates no súper”

Escolares aprenden “mates no súper”

Escolares aprenden “mates no súper”

Escolares de 5ª de Primaria de colexios de Mos participan do programa educativo “Mates no teu súper” impulsado pola compañía Vegalsa-Eroski.

A actividade, que se organiza desde fai oito anos nos supermercados e hipermercados desta marca de distribución alimentaria, permite á rapazada conectar os coñecementos adquiridos na aula cun contexto real como é un supermercado, facéndoo dunha forma lúdica e práctica. Unha actividade que permite aos alumnos aprender de forma diferente a través da aplicación práctica, traballando en equipo e fortalecendo o pensamento lóxico e abstracto.

Ao longo de todo este mes de marzo serán un total de 130 escolares de Mos os que participaron na visita ao establecemento Eroski Center de Sanguiñeda debido a que desde aquí tamén levan a cabo o programa “Alimentación Saudable” dirixido aos escolares de 3º de Primaria.