Medio ambiente

Os cursos fluviais no desenvolvemento sostible

A praza de abastos da Guarda acolle unha exposición do proxecto Albufeira

Paneis informativos na praza de abastos da Guarda.  | // D. P.

Paneis informativos na praza de abastos da Guarda. | // D. P. / l. c.

l. c.

Poñer de manifesto a necesidade de garantir a protección dos hábitats emblemáticos que dependen da auga, adoptando medidas que garantan a súa conservación, así como a das especies máis directamente dependentes da auga, é a finalidade da exposición que se pode ver na praza de abastos da Guarda sobre o proxecto Albufeira. A iniciativa quere dar a coñecer e sensibilizar sobre a importancia dos recursos hídricos no espazo transfronteirizo como riqueza conxunta, que é necesario protexer e aproveitar de forma sostible.

Entre os obxectivos deste proxecto está o de mellorar o coñecemento sobre o estado e o potencial ecolóxico das masas de auga fronteirizas e transfronteirizas, en base a criterios comúns que permitan avaliar o grao de conservación das poboacións das especies de flora e fauna e dos hábitats vinculados ao medio acuático.