Deportes

Unha escultura en Herville honra a Óscar Pereiro

Foi inaugurada con motivo da carreira de ex ciclistas organizada para homenaxealo

Momento do descubrimento da escultura no Castro de Herville.   | // D.P.

Momento do descubrimento da escultura no Castro de Herville. | // D.P. / l. c.

l. c.

O Concello de Mos e o Club Ciclista Master Louriña organizaron unha carreira de ex ciclistas en homenaxe a Óscar Pereiro con motivo de La Vuelta 21 ao seu paso por Mos.

A saída estivo fixada en Sanguiñeda, onde os corredores (Álvaro Pino, Ezequiel Mosquera, Marcial Rodríguez, Serafín Martínez, Genaro Prego, José Ángel Vidal, José Teixeira, Evaristo Portela, Juan Campos, Isidro Araújo, Fabián García, Pako Boente e José L. Boente, entre outros) fixeron un circuíto de 10 voltas para logo saír cara ao Castro de Herville, lugar onde se estableceu a meta e onde rematará tamén a 20ª etapa de La Vuelta 21 o 4 de setembro. E xustamente alí tivo lugar a gran sorpresa para Pereiro, o descubrimento dunha escultura na súa honra, autoría de Ralf Jun, escultor alemán veciño de Herville desde 1989.