Un ano para percorrer a pé Vilanova de Arousa
O concello segue aumentando e mellorando o número de kilómetrosde sendas peonís

Banco con vistas do Terrón. / Noe Parga
M. González
Unha das grandes apostas dos concellos é o turismo de saúde, centrado en ofrecer aos seus visitantes a posibilidade de disfrutar de fermosos lugares e da natureza. Entre esos municipios atópase Vilanova, que nos últimos anos ven de experimentar un espectacular crecemento en canto ao número de kilómetros de sendas peonís que pode presumir de ter repartidos por todo o seu territorio.
Unha das últimas actuacións foi a mellora de toda a área desde o Teatro-Auditorio Valle-Inclán á ponte do Terrón, que concedeu un mellor aspecto á panorámica do Esteiro, e unhas mellores condicións para os traballos de marisqueo, xa que permite estacionar un número moito maior de vehículos na zona.
As sendas máis utilizadas por veciños e visitantes seguen sendo as de O Terrón, tanto a primeira que se construíu bordeando a praia e que agora ten continuidade ata Rego de Alcalde, como a que parte desde a saída da ponte peonil e vai bordeando a praia de O Ariño camiño da enseada do Esteiro. Esta desemboca na PO-306, onde se une a outra senda que, bordeando a estrada, permite unir o centro de Vilanova coa ponte da Illa ou co Auditorio Municipal. Alí arrinca outra que se dirixe aos muíños de Currás, ou se pode chegar á que se construíu bordeando a PO-549 no seu día e que supuxo un investimento de máis dun millón de euros.
- Adiós al bosque que plantó y cuidó durante décadas Arturo, un vecino de As Lagoas: Adif taló la mayoría de los 50 ejemplares de árboles que era refugio climático y de aves
- Las zonas de bajas emisiones ya son una realidad en Vigo: así funciona la primera fase y vehículos afectados
- El conductor de un vehículo persigue al de un autobús hasta la estación de Cangas y le rompe una puerta y el limpiaparabrisas
- La isla de Ons pierde parte de su luz: adiós a Áurea Reiriz Otero, farera, percebeira, cantadora y pandeireteira
- El norte de Portugal reclama 300 millones en infraestructuras y pone el puente con A Guarda entre sus prioridades
- Abel Caballero reprende a Rafael Louzán por sembrar dudas con la sede de Vigo para el Mundial 2030: «Estamos mejor que otros»
- Povisa, 53 años después: del hospital de los médicos vigueses a la incertidumbre de Vivalto
- Marruecos recupera el abastecimiento de almeja fina y se aprovecha de la crisis del sector marisquero gallego