O Instituto Chan do Monte amplía a súa oferta educativa
Ofertará o novo Ciclo de Marketing e Publicidade

Participantes en la Escola de Familias del IES Chan do Monte de Marín. / REDACCIÓN
O IES Chan do Monte comezou a súa andaina no ano 1980, sendo o primeiro centro de Galicia en implantar a especialidade de Informática de Xestión, converténdose ao logo de todos estes anos nun referente tecnolóxico de primeira orde.
Ten un total de sete Ciclos Formativos que dan formación a mais de 200 alumnos e alumnas de nova incorporación e que, a partires do presente ano, verá duplicada a súa oferta (até un total de 60 plazas) no Ciclo de Nivel Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma en sesións, a escoller, de mañá ou de tarde.
A oferta formativa en Réxime Modular (de tarde) está pensada para conciliar a vida laboral e a formación continua, o cal permite ás persoas traballadoras acceder a estudos que actualizan a súa formación profesional e tamén lles permite mellorar na súa carreira profeional nas súas empresas.
Asimesmo, na Familia Profesional de Comercio, comezará a impartirse un novo Ciclo de Nivel Superior de Marketing e Publicidade para dar resposta á importante demanda laboral que, na sociedade actual, existe neste eido.
Segue a impartirse o Ciclo Medio de Instalacións Frigoríficas e Climatización, de gran importancia no tecido industrial de Marín, e o Ciclo de Xestión Administrativa existente no centro dende a súa creación hai mais de 40 anos.
Tódolos estudos de Formación Profesional de Chan do Monte están complementados cun progra Erasmus+ de prácticas laborales en paises extranxeiros dotado con mais de 40 plazas anuales a disposición de todos aqueles alumnos e alumnas que o soliciten.
O Bacharelato de Ciencias resulta imprescindible para cursar logo unha carreira técnica, coma enxeñería ou arquitectura, ou para acceder a Ciclos Superiores de Formación Profesional relacionados.
O IES Chan do Monte é tamén unha ponte ás carreiras tecnolóxicas ao que cada ano asisten mozos e mozas de distintos puntos das comarcas de Pontevedra e o Morrazo na procura dunha oferta formativa idónea, a medida das súas necesidades, destacando pola súa importante dotación de recursos vencellados ás novas tecnoloxías da información e a comunicación, ordenadores portátiles e equipamento multimedia.
O centro conta con Internet de acceso individual e claves personalizadas para cada alumno e laboratorio de idiomas, desenvolvendo un modelo de ensinanza moi adecuado á era das comunicación e á globalización
- Marruecos recupera el abastecimiento de almeja fina y se aprovecha de la crisis del sector marisquero gallego
- Raúl Pérez rescata de la ría de Arousa un albariño con más de 15 años de crianza bajo el mar
- Un motorista herido tras chocar contra un furgón de limpieza en Vigo
- Muere un hombre en un atropello en Cambados
- «Nuevo Zumaya», otro que marcha a Namibia: Galicia pierde cuatro veces la capacidad de la flota de Gran Sol con los éxodos a África
- El nuevo «Silicon Valley» gallego se estrena en Vigo
- Povisa, 53 años después: del hospital de los médicos vigueses a la incertidumbre de Vivalto
- La educación concertada se planta ante la Xunta en Vigo: «Solo la homologación de las condiciones laborales»