Volvimos derrotar á Coca
A diversión de recuperar unhas Festas da Coca coma sempre, “as que nos gustan a todos os redondeláns e redondelás”

La Danza de las Penlas, uno de los elementos más representativos de las Festas da Coca / Ricardo Grobas
A lenda da Coca é un dos mitos máis importantes da zona de Redondela. Unha historia que narra que, fai siglos, nesta vila costeira vivía un dragón que raptaba ás mulleres máis fermosas para levalas á súa guarida baixo a ponte da illa de San Simón. Finalmente, armados de valor, os mariñeiros da vila doron a rescatalas, e conseguiron derrotar ao monstruo, levando o seu corpor ata o centro da vila, onde bailaron arredor del blandido as súas espadas.
Esta danza triunfal é a que se rememora todos os anos no desfile do Corpus Christi, co paseo da figura da Coca, acompañada da "Danza das Espadas e as Penlas".
Nesta festa, declarada de Interés Turístico Galego, tamén atopamos as fermosas alfombras florales para o paso da procesión da Virxe "A Gabacha". Con duración do 15 ao 19 de xuño, Redondela énchese de música, desfiles, exposicións e espectáculos.
O mércores 15, tras o primeiro desfile de cabezudos e coa fin do concerto da Orquestra de Saxos de Redondela, comeza oficialmente a Festa coa lectura do Ppregón na praza do Concello, a cargo da fundadora da ONG Da Man, Pilar Martinez. O acto consistirá tamén no Relevo das Penlas e o reconñecemento ás alfombristas que realizan esta labor tan coidada.
O xoves comeza co traslado da Virxe "A Gabacha" ás 11 horas, ao que segue a Misa Maior na Igrexa de Santiago de Redondela. A continuación, coas rúas xa decoradas polas alfombras de flores, a procesión estará acompañada pola Banda de Música Municipal de Redondela.

As elaboracións florais son parte tradicional das Festas da Coca / Pelu Vidal
Rutas en barco e visitas á illa de San Simón
Estes tres días de celebración veñen con ruta marítima incorporada, que ten como obxectivo ensinar e valorar a terra onde o malvado Dragón encarcelaba ás mulleres de Redondela: a enseada de San Simón. Ademáis, a ruta inclúe unha visita pola illa do mesmo nome.
Estes percorridos comezarán dende o Porto de Cesantes o xoves 16, ás 17 da tarde, o sábado ás 16 e as 17 e o domingo ás 16:30 e 17:30. O sábado pola mañá, para os máis madrugadores, a viaxe parte ás 11:30 dende o Pantalán do Museo Meirande. O prezo do billete é de 4 euros por persoa. A súa venta realízase no Museo Meirande e na Oficina de Turismo de Redondela.
Pero non hai que preocuparse, xa que no caso de esgotarse as prazas, a navieira ofertará novas visitas.
Patina na rúa
O domingo 19, a Pista da Xunqueira convértese no lugar das voltas, piruetas e saltos de calqueira que quera disfrutar da patinaxe.
Música e concertos
Non se conquista á Coca sen música. Se os mariñeiros bailaron xunto o corpo do dragón derrotado para celebrar a victoria, nós non seremos menos. Por iso, nesta Festa, declarada de Interés Turístico, os concertos son parte indispensable.
Por iso, dende o mércores podemos disfrutar de Concertos no Campo da Feira. Como dicimos, o propio día do inicio das festas, ás 22horas, comeza o ritmo co Grupo América, e a mesma hora o xoves, a Orquesta Marbella pon a bailar a toda Redondela. O venres e o sábado, como días grandes da Festa da Coca, temos cita musical dobre. Ás 21:30h o grupo de punk e rock Chaleco Reflectante pon a nota máis cañera, seguidos dos tamén rebeles Dakidarría, ás 22:45h.
Para os máis clásicos está a cita inexcusable do sábado, con Los Secretos, ás 22 horas. E despois, para recibir unha longa noite de festa, a Orquesta Ritmo Joven toma o escenario as 23:45h.
Rematando a Festa da Coca por todo lo alto, El Combo Dominicano encárgase de cerrar o ciclo de concertos o domingo ás 22 da noite.
- Marruecos recupera el abastecimiento de almeja fina y se aprovecha de la crisis del sector marisquero gallego
- Raúl Pérez rescata de la ría de Arousa un albariño con más de 15 años de crianza bajo el mar
- Un motorista herido tras chocar contra un furgón de limpieza en Vigo
- Muere un hombre en un atropello en Cambados
- «Nuevo Zumaya», otro que marcha a Namibia: Galicia pierde cuatro veces la capacidad de la flota de Gran Sol con los éxodos a África
- El nuevo «Silicon Valley» gallego se estrena en Vigo
- Povisa, 53 años después: del hospital de los médicos vigueses a la incertidumbre de Vivalto
- La educación concertada se planta ante la Xunta en Vigo: «Solo la homologación de las condiciones laborales»