Saltar al contenido principalSaltar al pie de página
Turismo

10 ideas para multiplicar a potencialidade dun sector estratéxico como o turismo

» Despois do éxito da primeira edición, a Xunta de Galicia incrementa o nivel da súa Aceleradora de proxectos turísticos na procura de novos casos de éxito

As startups participantes e os mentores da Aceleradora, acompañados pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

As startups participantes e os mentores da Aceleradora, acompañados pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Vigo

A Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia traballa xa coa selección de startups que están chamadas a protagonizar os avances do sector turístico nos vindeiros anos en Galicia e fóra dela, xa que todos e cada un dos proxectos teñen alma de crecemento e esencia de expansión nos mercados.

A segunda edición desta iniciativa estratéxica de aceleración e de talento innovador do Goberno galego parte coa vantaxe de ter implementadas as leccións aprendidas na primeira entrega e de aproveitar unha nova fornada de emprendedoras e emprendedores que xa saben que o seu paso pola Academia traducirase nunha importante oportunidade real no sempre esixente mundo empresarial no futuro inmediato.

O programa de formación e mentorización que a Xunta de Galicia pon a disposición das startups en fases iniciais (pre-seed) que estean especializadas no sector turístico vén de arrancar o seu núcleo central, despois dunha primeira entrega intensiva. Esa Pre-Academia serviu para escoller os 10 finalistas deste programa 2022 de entre as 15 propostas seleccionadas dun total de 117 aspirantes. O demoday resultou decisivo para elixir ao topten que representará á Aceleradora desde agora ata a súa saída aos mercados e, unha vez neles, estarán chamadas a converterse en novos casos de éxito, emulando así aos seus predecesores da edición inaugural.

O respaldo que supón a iniciativa autonómica actúa como mellor carta de presentación para os seleccionados, xa que a primeira gran batalla, a de acceder á rolda final, xa está conquistada. Agora, toca evolucionar as ideas orixinais, peneiralas grazas ao traballo co grupo de mentores e expertos multidisciplinares co que conta a Aceleradora e ser os máis destacados desta segunda edición.

Das 7 grandes categorías onde os promotores podían encadrar os seus proxectos, a que máis propostas concentra nesta final é Travel Tech (40 % dos proxectos). Aquí encaixan todas as ideas relacionadas con facer da experiencia das viaxes algo inesquecible e poñer ao alcance do viaxeiro produtos, servizos e comodidades que antes non existían ou que non eran tan accesibles nin tan dixitais como o serán nos vindeiros anos. Xunto a este gran grupo de proxectos, destaca tamén, co 20 % das ideas, Gastro Tech, que pon o foco nos recursos gastronómicos enraizados coa cultura ancestral de Galicia, que a fan única. O menú complétano apostas intimamente relacionadas co Turismo de litoral, coa Social Tech, a Infrastructure Track e a Sostibilidade do sector turístico. En global, 10 apostas que están chamadas a marcar as diferenzas aportando novas experiencias para quen nos visita ou nos redescubre desde un punto de vista máis innovador.

Marta Gantes Crespo, CEO de Atlantic Surf

Marta Gantes Crespo, CEO de Atlantic Surf / Cedida

Atlantic Surf

» Marta Gantes Crespo (CEO)

“Galicia como destino de surf durante todo o ano”

Categoría: Turismo de litoral

Proxecto: Axencia de viaxes receptora de turismo de surf en Galicia que integra todo o que o viaxeiro precisa durante a súa estancia.

“O obxectivo é poñer a Galicia no mapa como destino de surf durante todo o ano. Necesitamos un crecemento exponencial que está sendo posible grazas á Aceleradora”.

Patricia López, CEO de BGreen.

Patricia López, CEO de BGreen. / Faro

BGreen

» Patricia López Rodríguez (CEO)

“Os hostaleiros galegos, motor dun modelo sostible”

Categoría: Sostibilidade

Proxecto: App para axudar aos hostaleiros a loitar contra o cambio climático. Traslada consellos e permite obter un certificado de “Local Sostible”.

“Queremos que os hostaleiros galegos sexan o motor do cambio cara un modelo máis sostible. Entrar na Aceleradora é unha oportunidade única, e estar na Academia e poder ir da man da Xunta e dos formadores e mentores que participan nela, todo un luxo”.

Xosé Manuel Feijóo, CMO de Boldest.

Xosé Manuel Feijóo, CMO de Boldest. / Cedida

Boldest

» Xosé Manuel Feijóo (CMO)

“Os mellores mapas interactivos do mundo”

Categoría: Travel Tech

Proxecto: Servizo web que facilita a creación de mapas interactivos para promocionar a oferta turística. Facilmente integrable en webs e campañas de marketing dixital.

“O noso obxectivo é gañar visibilidade, dar a coñecer o que facemos, encontrar un modelo de negocio escalable e replicable e acelerar apoiándonos en profesionais de éxito. Vemos con optimismo o futuro”.

V.Gómez, CEO de Mercado da Terra.

V.Gómez, CEO de Mercado da Terra. / Cedida

Mercado da Terra

» Verónica Gómez (CEO)

“Unha auténtica experiencia con todos os sentidos”

Categoría: Gastro Tech

Proxecto: Experiencia gastronómica que permite gozar do mellor da gastronomía galega e a súa cultura, mantendo vivas as tradicións, coa posibilidade de adquirir os produtos ou de degustalos in situ.

“Estar na Aceleradora é a posibilidade de empaparse dos mellores profesionais en cada campo. Apórtanos coñecemento, contactos, unha visión alternativa, pero sobre todo fainos perfeccionar o proxecto”.

Elena Victoria, CEO de Salmoira.

Elena Victoria, CEO de Salmoira. / Cedida

Salmoira

» Elena Victoria Alonso (CEO)

“Innovación a través dos sabores do pasado”

Categoría: Gastro Tech

Proxecto: Un diversificado food business que parte da salazón de peixe das rías a través dunha elaboración ancestral, que supón un potente recurso de turismo gastronómico en si mesmo.

“Contar coa Aceleradora supón un verdadeiro revulsivo para a excelencia da industria do Turismo en Galicia. Ser finalistas é un impulso clave que doutra maneira non sería posible”.

S. Candal, CEO de Spa Relajarse.

S. Candal, CEO de Spa Relajarse. / Cedida

Spa Relajarse

» Sandra Candal García (CEO)

“O maior marketplace especializado en wellness”

Categoría: Social Tech

Proxecto: Buscador especializado en spas, balnearios e talasos onde poder reservar online experiencias personalizadas en máis de 650 establecementos termais e wellness de toda a Península Ibérica.

“Pretendemos ser o maior marketplace especializado en wellness, vendendo experiencias termais e produtos propios. Esperamos adquirir todos os coñecementos necesarios para o éxito”.

M.A Gil Martí, CEO de Spot Now.

M.A Gil Martí, CEO de Spot Now. / Cedida

Spot Now

» Miguel Ángel Gil Martí (CEO)

“Varios sectores turísticos, unha soa plataforma”

Categoría: Travel Tech

Proxecto: Plataforma de xestión global de reservas para o desenvolvemento e dixitalización de solucións de lecer e turismo, escalables e a medida.

“Spotnow é capaz de dixitalizar varios sectores turísticos nunha soa plataforma. Para nós, estar na Aceleradora da Xunta de Galicia supón a oportunidade de coñecer de preto as necesidades de innovación do sector turístico de Galicia”.

Óscar Gómez, CEO de Trictrack.

Óscar Gómez, CEO de Trictrack. / Cedida

Trictrack

» Óscar Gómez (CEO)

“Revitalizar o turismo activo a través da orientación”

Categoría: Infrastructure Track

Proxecto: Tecnoloxía que emprega o deporte de orientación para fomentar o turismo activo e gamificar os múltiples recursos turísticos, tanto en espazos naturais como urbanos.

“O noso obxectivo é revitalizar o turismo activo e contribuír á posta en valor dos recursos. Esperamos aproveitar todas as ferramentas que nos proporciona a Aceleradora. É unha gran oportunidade”

A. Aparicio, CEO de Viajator.

A. Aparicio, CEO de Viajator. / Cedida

Viajator

» Alejandro Aparicio Gallego (CEO)

“Intelixencia artificial, mellores produtos”

Categoría: Travel Tech

Proxecto: Marketplace turístico que emprega intelixencia artificial para predicir o comportamento e o gusto dos usuarios, ofrecendo mellores experiencias.

“A intelixencia artificial e a rede de neuronas artificiais permitirán deseñar mellores produtos anticipando a demanda futura. Cremos que a participación na Aceleradora permitirá que nos posicionemos como web de referencia. Somos pioneiros en Galicia.”

A. Pérez García, CEO de Wonder. / Faro

A. Pérez García, CEO de Wonder. / Faro / Cedida

Wonder Experience

» aránzazu Pérez García (CEO)

“Unha experiencia gamificada para gozar”

Categoría: Travel Tech

Proxecto: Plataforma de experiencias turísticas gamificadas, personalizadas sobre tecnoloxía blockchain

“Ofrecemos unha experiencia gamificada, con rutas personalizadas e premios, para desfrutar da estancia en destino. A Aceleradora da Xunta representa esa oportunidade de acceder ao mercado dun modo seguro, planificado e aproveitando a súa experiencia. Ser finalistas dános confianza. Iniciativas como estas son imprescindibles”.

Tracking Pixel Contents