Natureza

O parque central da Cañiza luce unha nova oliveira

A oliveira procede do Lugar da Uceira na parroquia de Oroso y A árbore foi doada por unha veciña

A nova oliveira doada  da Cañiza.   | // D.P.

A nova oliveira doada da Cañiza. | // D.P. / d.p.

d.p.

A veciña da Cañiza María Olivia Pérez Vidal, doou ao Concello da Cañiza a oliveira que agora luce no parque central.

Esta doazón ten unha grande valor sentimental, que acompaña sen dúbida o carácter simbólico que de xeito natural posúen as oliveiras.

Trátase dunha árbore xa adulta, que plantou o avó de María Olivia Pérez, Francisco Vidal Álvarez, hai anos na Uceira e que agora luce no Parque Central grazas a súa xenerosidade.

O Concello da Cañiza, que escolleu transplantar este exemplar ao parque central, xusto a carón do canastro, agradece enormemente á súa veciña a doazón dun pulmón máis para A Cañiza.