O mildio e o “black rot” comezan a causar danos na nosa bisbarra

Gromo de viña atacada polo mildio no Condado.   | // D.P.

Gromo de viña atacada polo mildio no Condado. | // D.P. / d.p.

d.p.

A Estación Fitopatolóxica Areeiro detectou os primeiros síntomas de “black rot” en plantas abandonadas do Condado. O tempo húmido favorece ao fungo polo que Areeiro aconsella, no caso de aplicar tratamento antimildio, empregar un produto tamén con efecto fronte ao “black rot”. No caso de non ter que tratar o mildio, o centro recomenda aplicar funxicida dirixido ao control do “black rot”.

Sobre o mildio, a estación fitopatolóxica detectou indicios en predios do Rosal e O Condado. Recoméndase de forma imprescindible, controlar a vexetación para evitar que reteña humidade e dificulte a aireación na contorna das vides, sobre todo en plantas novas ou nas formacións máis baixas. Ademais, nalgunhas viñas estase a observar falta de brotes ou escaso desenvolvemento da vexetación o que apunta ás enfermidades da madeira. Areeiro aconsella, no caso de que os síntomas estean restrinxidos, unha poda do brazo afectado despois da floración e en tempo seco, desinfectando a tesoira e aplicando un funxicida sobre o corte.