Benestar animal

Mos estrea o programa de colonias felinas do CAAN

O proceso iniciouse coa castración e solta de 7 femias e un macho

Felinos mosenses no Centro de Recollida e Prodección Animal. | //D.P.

Felinos mosenses no Centro de Recollida e Prodección Animal. | //D.P. / D.P.

D.P.

O Concello de Mos vén de ser o primeiro en facer uso do servizo de esterilización de gatos procedentes de colonias felinas legalmente establecidas, na instalacións do CAAN (Centro de Recollida e Protección Animal). Mos decidiu iniciar o proceso de castración e solta destes animais con oito felinos, 7 femias e 1 macho.

Nas vindeiras semanas o persoal do CAAN estará a disposición dos 46 concellos de menos de 20.000 habitantes adheridos a este servizo para axudarlles no cumprimento da Lei vixente na actualidade, que determina que están obrigados a xestionar as colonias felinas, identificando, esterilizando, vacinando e desparasitando aos animais que as integran.. O segundo concello en facer uso deste servizo foi Redondela, que, por razóns operatividade, poderá levar ata un máximo de dez felinos.