“Covelo Cóidate” forma sobre o Alzheimer

d.p.

No marco do programa “Covelo Cóidate”, un programa lanzado polo Concello baixo o que se oferta formación e información sobre saúde e prácticas saudables, o Concello de Covelo organizou unha formación xunto a AFAGA destinada a aprender sobre a doenza de Alzheimer.

“Estamos sempre abertos a recoller as inquedanzas e necesidades da veciñanza. Por iso traballamos en continua colaboración con colectivos e administracións para atopar o que precisamos”, explica o alcalde, Pablo Castillo.

En maio este programa afondará o día 13 na prevención do papiloma, e o día 14 haberá unha charla de etiquetado de alimentos.