A alta demanda fai duplicar os obradoiros de pandeiretas
d.p.
Ante a altísima demanda do obradoiro de elaboración de pandeiretas organizado pola OMIX de Tomiño e previsto para pechar este mes de maio, o Concello decidiu duplicar esforzos e realizar dous talleres para atender ás 70 persoas que se interesaron e se inscribiron na actividade.
O concelleiro de Mocidade, Agustín González, salienta a importancia de escoitar á mocidade e responder ás súas inquedanzas, “ofrecéndolles oportunidades de formación e ocio relacionados con temas e actividades que lles interesan. Estes cursos e o importante esforzo orzamentario realizado para duplicar a oferta son un claro exemplo do noso compromiso nese sentido”.
Os obradoiros celebraranse na Praza Cultura de Goián os sábados 25 de maio e 1 de xuño, de 10.00 a 14.30 horas, en dúas sesións formativas nas que a mocidade poderá aprender a elaborar este instrumento tradicional galego.
- O Festival de Cans avanza os concertos da súa XXI edición
- Unha alumna de 1º da ESO leva Nigrán ao Congreso
- Brais Méndez e a ONG IGAXES únense para loitar contra o odio
- Gondomar, Baiona e Nigrán celebran a Festa da Bicicleta
- A parentalidade positiva estúdase a fondo no IES Val do Tea
- 200 ciclistas correrán a VIII “Challenge Rías Baixas”
- A élite nacional do tenis de mesa brilla en Mos
- A cativada nigranesa aprende orientación