Conciliación

Aberto o prazo de inscrición para o campamento de verán de xullo

Nigrán organiza por primeira vez outro campamento en agosto, para o que abrirá outro prazo

d.p.

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), organiza o “Campamento de Verán 202”’ do mes de xullo co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. O prazo de solicitude estará aberto ata o 10 de maio e, por primeira vez, o Concello ofrecerá outro campamento no mes de agosto para o cal se abrirá posteriormente un novo prazo de solicitude.

O campamento de xullo está destinado a nenos e nenas empadroados no municipio e nados entre 2012 e 2021 e terá lugar do 25 de xuño ao 31 de xullo de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas (con posibilidade de amplialo de 7:45 a 15:15 horas). Desenvolverase no C.E.I.P. Humberto Juanes e o prezo é de 75 euros en horario reducido e 85 euros en horario ampliado (existen bonificacións para familias con baixos recurso económicos cun prezo de 18,75 €euros no horario reducido e 21,25 euros no horario ampliado).

Os formularios de inscrición poderán recollerse na Oficina de Información e Atención Cidadá ou descargarse na páxina web nigran.sedelectronica.gal/Taboleiro de Anuncios.

Para mais información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola vía, nº65, Panxón, Nigrán. Tlf: 986 383081, correo electrónico: cim@nigran.org