Medio ambiente

34 fogares apúntanse á compostaxe en Covelo

O Concello de Covelo en colaboración con SOGAMA entregou os composteiros e ofreceu formación para un mellor aproveitamento

Entrega dos composteiros.   | // D.P.

Entrega dos composteiros. | // D.P. / d.p.

d.p.

O Concello de Covelo entregou 34 novos composteiros grazas ao Programa de compostaxe doméstica da Sociedade Galega de Medio Ambiente ao que está adherido o Concello. Trinta e catro novos fogares aproveitarán os restos orgánicos que xeran para convertelos en nutrientes para os cultivos e farán útiles os restos que antes eran desbotados nos contedores. A compostaxe doméstica é o proceso de descomposición biolóxica da materia orgánica xerada no fogar obtendo un abono natural con excelentes propiedades para o solo.

O alcalde, Pablo Castillo, sinala que continuará na súa aposta por promover hábitos de vida máis respectuosos co medio natural, sendo este unha das principais riquezas do Concello. “O axeitado aproveitamento dos residuos orgánicos non só supón unha acción máis na protección do noso patrimonio natural ao substituir aos produtos químicos tamén pode ser un bo recurso para facer máis produtiva a terra”.

Neste sétimo facilitouse ás persoas interesadas un total de 34 composteiros, un manual de compostaxe doméstica e un pequeno curso de formación dunha hora de duración para procurar o maior éxito na implantación da experiencia composteira.