Concursos

Ollo con Nigrán premia o talento artístico local na súa II edición

Repartíronse máis de 1.000 euros en premios para gastar no comercio local

Foto de familia dos premiados do certame.   | // D.P.

Foto de familia dos premiados do certame. | // D.P. / D.P.

D.P.

Nigrán lanzou este ano a segunda edición do premio “Ollo con Nigrán”, un concurso vídeo literario creado por Teatro do Ar, Cooperativa Somos Terra e Concello coa intención de potenciar a creación artística en lingua galega ao tempo que divulga a gran riqueza natural do municipio.

Presentáronse 29 vídeos creados por máis de 50 persoas, e máis dun cento de persoas coñeceron aos finalistas nunha gala que, nun auditorio completamente cheo, repartiu 13 premios e máis de 1.000 euros para gastar no comercio local.

O xurado, composto polo xornalista Julián González, a poeta e profesora de galego Ana Fernández, e a bióloga Josefa Fernández Rodríguez destacaron a “orixinalidade das propostas” e premiaron na categoría Estelas, para nenos e nenas de Nigrán nada no ano 2012 ou posteriores, a “Os protectores do bosque de Nigrán” cun accésit, a “Árbore das hippies” cun terceiro premio, a “As fadas de Nigrán” cun segundo e a “Os Gabbygatos en Nigrán” co primeiro.

Na categoría Lourido, para mozos e mozas de Nigrán nadas entre o ano 2006 e 2011, o accésit recibiuno “As gaivotas”, o terceiro premio foi para “Boas tardes, querdido Nigrán”, o segundo para “Aquí son eu” e o primeiro para “Pegadas na area”.

E na categoría Monteferro, para persoas nadas antes do ano 2006, repartíronse dous accésit para “A miña praia” e “Nigrán, o corazón de todas as paisaxes”. O terceiro premio gañouno “Nigrán, quero pintarte”, o segundo “Beleza decadente” e o primeiro “Lembranza”.

O alcalde, Juan González, destacou que con este certame queremos mostrarlle a todo o mundo “que temos unha natureza privilexiada que ten de todo dende as praias ata os miradoiros máis impresionantes”. Ademais tamén incide que “Ollo con Nigrán permite ver as miradas que os veciños e veciñas teñen do noso municipios, descubrir xoias ocultas e aprender en conxunto que a nosa natureza é unha gran riqueza”.