Educación
Elsa Punset visitará a terceira edición de FormaMos
A atleta paralímpica Desirée Vila será outra das protagonistas
d.p.
Os vindeiros días 10 e 11 de abril, nun horario de 9:00 horas a 15:00 horas, celebrarase a feira FormaMOS 2024 no Pavillón Óscar Pereiro.
A superficie adicada á feira ascende este ano a 2000 metros cadrados, nos que se instalarán máis de 75 expositores. Entre eles, 17 Universidades, 23 centros de Formación Profesional, 18 centros de especialidades, 5 academias de idiomas, 6 corpos e forzas de seguridade e protección cidadá e 2 agrupacións de voluntariado.
60% máis de visitantes
Os visitantes xa confirmados para este ano son 1678 alumnos de 9 localidades: Mos, Vigo, Porriño, Salceda, Nigrán, Redondela, Pazos, As Neves, e a Illa de Arousa.
Este aumento de estudantes supón un incremento respecto ao ano pasado dun 25% máis de expositores e dun 60% máis en afluencia de visitantes.
Convidadas especiais
Destacan dúas convidadas especiais nesta terceira edición, como son Elsa Punset e Desirée Vila. O mércores 10 de abril estará na feira Elsa Punset, escritora e divulgadora, referencia no ámbito da aplicación da intelixencia emocional e filla do falecido divulgador científico Eduardo Punset. E o xoves 11 de abril será o turno de Desirée Vila, atleta paralímpica e ex- ximnasta acróbata, orixinaria de Gondomar e todo un exemplo de superación e resiliencia, debido á súa historia persoal.
- O Festival de Cans avanza os concertos da súa XXI edición
- Arbo prepara unha LXIV Festa da Lamprea para toda a familia
- “O amor debe liberarse da racionalidade para ser auténtico”
- As festas de San Telmo resisten ao temporal cun éxito rotundo
- A élite nacional do tenis de mesa brilla en Mos
- A cativada nigranesa aprende orientación
- As Músicas no Miño volven do 12 ao 15 de setembro
- O epicentro do atletismo comarcal está no Porriño