Gastronomía

Exaltación de requeixo e mel nas Neves

Esta tarde haberá unha cata de meles y A feira celébrase os días 29 e 30

Recoñecemento ás mulleres da parroquia de Cerdeira por perpetuar a receita do requeixo a través do tempo | // D.P.

Recoñecemento ás mulleres da parroquia de Cerdeira por perpetuar a receita do requeixo a través do tempo | // D.P. / D.P.

D.P.

O Concello das Neves convida a veciños e visitantes a ir degustar o requeixo e o mel. A localidade celebra, coincidindo coa Semana Santa, a súa tradicional cita gastronómica cuxa programación comezou xa a pasada fin de semana cunha xornada sobre a vespa velutina, unha andaina e un acto de homenaxe ás mulleres do requeixo, en Cerdeira.

Onte mesmo tivo lugar a mesa redonda “O requeixo e o mel como produtos de artesanía alimentaria” e unha posterior cata comentada destes produtos. Hoxe ás 18.00 horas terá lugar unha Cata de Meles IXP de Galicia no Centro social As Soledades, en Santiago de Ribarteme. E a vindeira semana, o martes e mércores, a protagonista será a infancia co obradoiro “O Mel”, que terá lugar de 17.00 a 18.00 horas na Biblioteca Municipal, de balde e con inscrición previa.

O próximo venres 29 chega a festa grande, coa apertura da feira ás 11.00 horas e ao mediodía haberá un pasarrúas a cargo do grupo folclórico A Murga. O pregón correrá a cargo de Begoña Vázquez, destacada chef da cociña galega, será ás 13.30 e a continuación entregaranse os premios do IV Concurso de Receitas con Requeixo de As Neves, que se fechará coa actuación da charanga os Imperiais. A programación da tarde comezará ás 17.00 horas coa actuación da charanga Os Jalaticos, e o espectáculo infantil na carpa, á mesma hora. Ás 20.30 horas terá lugar o concerto do grupoSan Rockers.

Xa o sábado, 30 de marzo, terá como novidade a 1ª exposición da Camelia, con apertura ás 10.00 horas no Centro Social, o 1º rally de coches clásicos ás 11.00 horas e o 1º certame de Música tradicional transfronteiriza, ás 13.00 horas. Tamén haberá obradoiros de cociña para maiores e cativos e como broche de ouro as actuacións dos grupos Voces de Arrieiro (19.30 horas) e Broken Peach (21.30 horas).