Lingua
Redondela falará galego durante a vindeira semana
Trátase dun reto polo Día de Rosalía
d. p.
“Da necesidade de fomentar o uso do galego entre a mocidade, xa que constatamos que o uso da lingua do país cada ano é menor”, explicou Aldán Santamarina, responsable de Dinamización Lingüística do IES Chapela, é de onde nace a iniciativa “Unha semaniña enteira”. Trátase dun reto, arroupado polo Concello de Redondela, que consiste en falar galego as 24 horas do día ao longo dunha semana, dende o luns 26 de febreiro ao domingo 3 de marzo.
Dende o Concello queren implicar na mesma a distintos sectores, desde todos os centros escolares ata os clubs deportivos, o cadro de persoal municipal, a hostalaría, comercios e praza de abastos. Para iso elaboráronse unhas chapas co rostro de Rosalía de Castro, pois esta é unha das actividades celebradas para conmemorar o seu día, que lucirán os participantes do reto co lema da campaña.
- O Festival de Cans avanza os concertos da súa XXI edición
- Arbo prepara unha LXIV Festa da Lamprea para toda a familia
- “O amor debe liberarse da racionalidade para ser auténtico”
- As festas de San Telmo resisten ao temporal cun éxito rotundo
- A élite nacional do tenis de mesa brilla en Mos
- A cativada nigranesa aprende orientación
- As Músicas no Miño volven do 12 ao 15 de setembro
- O epicentro do atletismo comarcal está no Porriño