8 M

A autodefensa para mulleres chega a Nigrán

Celébrase un curso o 5 e 7 de marzo

Participante nun curso de autodenfensa.   | // R. GROBAS

Participante nun curso de autodenfensa. | // R. GROBAS / d. p.

d. p.

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) e en colaboración coa Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, organiza, no marco da conmemoración do 8 M, un curso de autodefensa persoal destinado a mulleres maiores de idade.

O curso é gratuíto e desenvolverase os días 5 e 7 de marzo no pavillón deportivo en horario de 09.30 a 13.30 horas.

As interesadas poden inscribirse no CIM, chamando ao teléfono 986 38 39 30 ou no correo cim@nigran.org.