Trail

Salceda quenta o inverno con callos e deporte

As probas deportivas de BTT e Trail desenvolvéronse sen chuvia e cun grande éxito de participación

Momento da proba de trail.   | // D.P.

Momento da proba de trail. | // D.P.

D.P.

O pasado 14 de xaneiro celebráronse en Salceda de Caselas o “X BTT dos Callos” e o “VIII Trail dos Penedos”, organizados pola Asociación xuvenil “Nós Somos Nós”.

A KDD BTT contou cun percorrido de aproximadamente 36 km e un desnivel de 1400 metro. A saída da carreira realizarse dente o centro cultural e social de Castro Barreiro ás 9:15 da mañá.

No relativo ao trail, que saíu do mesmo lugar, contou con dous percorridos, un longo de arredor de 25 km e aproximadamente 1300 metros de desnivel positivo, e un mini trail cunha distancia aproximada de 15 km, e 700 metros de desnivel positivo.

Os participantes en ambas probas puideron disfrutar, polo prezo da súa inscrición, dunha tapa de callos, pan, viño tinto e postre, ademais de moitos outros servizos, como seguros de responsabilidade civil e asistencia sanitaria, regalo para os primeiros 300 inscritos, ou servizo de duchas.

A pesar da mala previsión meteorolóxica, finalmente o ceo concedeu unha tregua aos e ás participantes nestas probas deportivas, e a chuvia limitouse a un tímido orballo que permitíu o desenvolvemento normal da xornada.

Dende o Concello felicitan á Asociación e “agradecemos que continúen sumando ao deporte da nosa vila cun evento que cada ano suma máis participantes”.