“Medrar de forma saudábel nun mundo dixital”

D.P.

Ecoloxistas en Acción e a “Plataforma Galega Adolescencia Libre de Smarthphones” coa colaboración do Concello de Nigrán, ofreceu onte ás 19:00 horas unha charla-coloquio sobre o uso dos medios dixitais no eido familiar e do ensino.

Presentaron unha guía coas alertas científicas e sobre esta cuestión e amosaron as achegas do ámbito científico e institucional cara a un uso dos medios dixitais que atenda á idade para usar esta tecnoloxía de forma sobria, sostíbel, ética e crítica.