festas

Arbo celebra o Entroido co seu tradicional desfile de comparsas

Repartiranse 1.500 euros en premios

Momento do pasado desfile.   | // D.P.

Momento do pasado desfile. | // D.P.

d.P.

O Concello de Arbo convoca un ano máis, dentro das actividades programadas para o Entroido 2024, un Desfile de Comparsas para o próximo día 11 de febreiro.

As persoas e agrupacións que desexen participan deberán anotarse, nas próximas semanas, nas oficinas do Concello, ou ata unha hora antes do inicio do desfile a través do persoal municipal identificado.

Establécense 4 categorías (comparsas de 15 ou máis membros, comparsas de 5 a 14 membros, comparsas infantís e mascaritas -de 1 a 4 membros-) e repartiranse 1500 euros en premios, que serán entregados o domingo día 11 de febreiro ao acabar o desfile, no salón de plenos do Concello de Arbo.

O desfile sairá ás 17.30 horas da Carballeira de Turbela. Ano tras ano, o percorrido dende esta carballeira ata a Praza do Concello é todo un éxito, contando con distintos espectáculos protagonizados polas comparsas e os colaboradores.

O xurado estará formado por membros designados entre o público asistente. Estas persoas non poderán formar parte de ningunha comparsa.

Lémbrase dende o Concello qu co gallo do desfile, as rúas Antonia Tovar, Buenos Aires, Miguel Davila, Rúa Vázquez Estévez e Rúa Segundo Gil Davila permanecerán cortadas ao tráfico.