A protección á infancia e adolescencia centran o pleno infantil

O pleno foi en Goián.  | // FDV

O pleno foi en Goián. | // FDV / l. c.

l. c.

Defender, promover e celebrar os dereitos de nenos e nenas a través do diálogo e de accións que constrúan un mundo mellor para os máis pequenos e pequenas. Con ese obxectivo Tomiño celebrou o Día Universal da Infancia cedendo a palabra á súa rapazada no pleno infantil, un lugar de encontro no que cada ano escolares dos centros de ensino do municipio abordan temas e cuestións que lles afectan de forma directa.

O encontro contou coa participación de alumnado do colexios Pintor Antonio Fernández, Barrantes, Pedro Caselles Beltrán, Sobrada, Tebra e do IES Antón Alonso Ríos. Durante as súas intervencións, os escolares realizaron peticións como a mellora dos espazos públicos como camiños ou a toma de medidas para reducir a velocidade dos vehículos. Tamén fixeron fincapé na importancia da creación de contornas seguras, lugares libres de violencia, nos que todas as persoas se rexen polo respecto aos dereitos da infancia e a adolescencia e onde existe un trato afectivo.